Inicio Galicia A Xunta destina o próximo ano 15,4M? ao Polo aeroespacial para seguir...

A Xunta destina o próximo ano 15,4M? ao Polo aeroespacial para seguir impulsando o desenvolvemento desta industria estratéxica para Galicia

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, explicou que os orzamentos de 2020 apostan pola formación e a innovación para crear emprego e contar cun tecido empresarial máis diversificado e competitivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe en Viveiro que a Xunta incluirá nos orzamentos de 2020 unha partida de 15,4M€ para o Polo aeroespacial de Galicia e, deste xeito, seguir impulsando o desenvolvemento do sector aeronáutico na Comunidade. “Unha oportunidade para seguir apoiando proxectos de I+D+i que as multinacionais están realizando en Rozas en colaboración con máis de 30 pemes, universidades e centros de coñecemento galegos”, subliñou Conde.

Deste xeito, os orzamentos do vindeiro ano apostan tanto pola innovación como pola formación co obxectivo de crear emprego e contar cun tecido empresarial máis diversificado e competitivo.

Neste sentido o Polo aeroespacial de Galicia, que conta coa colaboración de tres socios de referencia internacional como son Indra, Babcock e Boeing, permite a Galicia desenvolver unha iniciativa innovadora coa que gañar en diferenciación. Así, esta industria permite abrir novos mercados nacionais e internacionais, mellorar a competitividade do tecido empresarial galego e xerar crecemento económico facilitando sinerxías e novas capacidades industriais.

Segundo se prevé, o Polo aeroespacial mobilizará 164M€ grazas a actuacións que se están desenvolvendo como os seis proxectos da primeira convocatoria da aceleradora BFAero, que xa ten aberto o prazo para a segunda edición; ou a construción do polígono industrial de Rozas. Dúas iniciativas que axudarán a impulsar o emprendemento innovador no sector aeronáutico galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre