Inicio Galicia A Xunta destina máis de 702.000? á mellora das redes de distribución...

A Xunta destina máis de 702.000? á mellora das redes de distribución eléctrica do polígono empresarial de Vedra

0
image_gallery.jpg

Trátase dunha nova liña de axudas que contribúe a garantir a seguridade e calidade do servizo


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Vedra,Carlos Martínez, visitaron o polígono empresarial de Vedra no que a Xunta investirá máis de 702.000 euros para a mellora das súas redes de distribución eléctrica. Concretamente levaranse a cabo traballos de reforzo, adecuación, adaptación e reforma das instalacións da rede de distribución existente en servizo para incorporar as novas instalacións. O prazo de execución deste importante proxecto será de nove meses desde o inicio do mesmo.

A nova liña permitirá executar un total de tres proxectos na provincia da Coruña en parques empresariais dos concellos de Vedra, Coirós e ArangaEn total, prevese mobilizar 2,3 millóns de euros a través destas iniciativas que contribuirán a garantir a seguridade e a calidade do servizo, unha vella demanda por parte das empresas. As axudas concedidas aos tres concellos coruñeses cubrirán o 80% do investimento, máis de 1,8 millóns de euros, e poden beneficiarse de anticipos de ata o 50%.

Estas actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos. En concreto, este ano tamén se destinan máis de 852.000 euros a nove proxectos que melloran as infraestruturas de 9 parques en concellos galegos que mobilizarán máis de 1,1 millóns de euros e 238.000 para a construción dun viveiro industrial en As Somozas que mobilizará 297.000 euros de investimento.

Polo tanto, a través das tres ordes de axudas, o Goberno galego apoia con 2,8 millóns de euros os parques industriais coruñeses co obxectivo de mellorar a oferta de solo e a competitividade empresarial. Os 13 proxectos apoiados suporán a mobilización de máis de 3,6 millóns de euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre