Inicio Galicia A Xunta destina máis de 68.000?, a través do GDR, para habilitar...

A Xunta destina máis de 68.000?, a través do GDR, para habilitar unha vivenda de emerxencia social no antigo consultorio médico de Val do Dubra

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o Concello acompañado polo alcalde


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, visitou esta mañá o Concello de Val do Dubra para manter unha reunión de traballo co rexedor para analizar as distintas liñas de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia. En concreto, analizaron algúns dos investimentos xa comprometidos con este territorio.

Ovidio Rodeiro destacou que nos dous plans de mellora de camiños e de infraestruturas rurais da Consellería de Medio Rural, Val do Dubra recibirá máis de 117.000 euros con cargo aos distintos plans de melloras de infraestruturas rurais da Consellería de Medio Rural 2019/2020. Estas achegas permitirán renovar por unha banda os camiños de Monte Pedrogoso e Leiras Longas en Erviñou, Chousas Vellas e Chousa da Igresa en Castrillón e Agronovo en Ínsua e por outra banda arranxaranse os camiños de Campo Río a Moroso e o de Porto a estrada de Santa Comba.

O delegado tamén visitou, acompañado polo rexedor, un dos proxectos que se están executando no municipio grazas aos fondos que a Xunta destina ao GDR de Terras de Compostela (Grupos de Desenvolvemento Rural), concretamente supervisaron as obras de rehabilitación e reforma de antigo consultorio médico sito en Portomouro para situar na planta baixa unha vivenda de emerxencia social destinada a colectivos en situación en risco de exclusión social. Esta actuación ten un custe aproximado de 96.000 euros dos cales o GDR aporta, coas achegas da Xunta, arredor do 70%, máis de 68.000 euros entre o 2019 e 2020.

O seu uso destinarase a unidades familiares nas que existan mulleres vítimas de violencia de xénero ou para situacións familiares que pasen por unha situación de desprotección ou de especial vulnerabilidade, que carezan de recursos económicos suficientes para acceder a outra vivenda e transitoriamente poidan ser re aloxados nesta vivenda municipal.

Ademais, o proxecto contempla a demolición das antigas vivendas de profesores situadas na contorna da vivenda, actualmente en ruínas para crear un espazo de esparcemento preciso para a vivenda proxectada, así como por motivos de seguridade.

Esta vivenda en planta baixa é de 70,49 m2 e conta con 2 dormitorios, cociña, despensa, vestíbulo, sala comedor e baño. O Concello será o encargado de dotar a esta vivenda de emerxencia de todo o equipamento e mobiliario necesario para a súa posta en marcha e correcto funcionamento.

Ovidio Rodeiro destacou que o obxectivo desta actuación é “prestar un novo servizo de atención á poboación, dar cobertura ás necesitades de vivenda de colectivos desfavorecidos ou en situación de vulnerabilidade e conseguir a reinserción social activa de persoas en risco de exclusión social”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre