Inicio Galicia A Xunta destina máis de 66.000? á mellora do pavimento nas rúa...

A Xunta destina máis de 66.000? á mellora do pavimento nas rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro

0
image_gallery.jpg

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o polígono empresarial de Sigüeiro en Oroso no que a Xunta investiu máis de 66.000 euros para levar a cabo a mellora do pavimento na rúa Otero Pedrayo, aportando a Xunta case o 80% do orzamento e o resto, ata os 82.767 euros, correu a cargo do Concello que foi o encargado de contratar e de executar a actuación. En concreto, levouse a cabo o fresado e posterior pavimentación do vial e o pintado posterior das liñas brancas, illas e pasos de peóns.

A orde de axudas do 2020 permitiu financiar 9 proxectos nos parques empresariais de Coirós, Oroso, Boqueixón, Cambre, Carballo, Ordes, Ribeira, Santa Comba e Fene na provincia da Coruña, con achegas da Xunta que ascenden a máis de 852.000 euros que mobilizarán investimentos por 1,1 millón de euros.

Estas actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos. En concreto, este ano tamén se destinan outros 1,8 millóns de euros para a mellora das redes de distribución eléctrica nos polígonos de Vedra, Coirós e Aranga, actuacións que mobilizarán 2,3 millóns de euros e 238.000 para a construción dun viveiro industrial en As Somozas que mobilizará 297.000 euros de investimento.

Polo tanto, a través das tres ordes de axudas, o Goberno galego apoia con 2,8 millóns de euros os parques industriais coruñeses co obxectivo de mellorar a oferta de solo e a competitividade empresarial. Os 13 proxectos apoiados suporán a mobilización de máis de 3,6 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre