Inicio Galicia A Xunta destina máis de 345.000? a fomentar a promoción da igualdade...

A Xunta destina máis de 345.000? a fomentar a promoción da igualdade nos concellos da Coruña e comarca

0

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro expuxeron a resolución dos catro programas de axudas


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron o resultado da resolución das axudas a entidades locais da Xunta de Galicia para o ano 2019 para fomentar e promocionar a Igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Nas bases reguladoras figuran o desenvolvemento dos seguintes programas: fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; apoio aos centros de información ás mulleres e a sensibilización; e información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. En total, na provincia da Coruña a Secretaria Xeral da Igualdade destinará máis de 1,8M€ para as entidades locais de toda a provincia.

Concretamente, estas achegas deixarán na cidade da Coruña e na área metropolitana máis de 345.000€ cun primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado. O 25% restante librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención.

Serán 6 entidades locais as beneficiadas para a realización de campañas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, cunha achega de máis de 61.000€ (Bergondo, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne, Sobrado e Vilasantar). Para a posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero serán 5 entidades locais (2 concellos e unha mancomunidade) as que conten cunha axuda total de máis de 27.000€, (Cambre, Coirós e Curtis con Sobrado e Vilasantar)As concesións para o programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres chegarán a 5 CIM en A Coruña, Arteixo, Coirós, Culleredo e Curtis (que agrupan a 11 concellos) cun investimento de apoio ao seu funcionamento de máis de 186.000€, e para as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres contarán cunha achega de máis de 70.000€, 12 entidades locais (A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Coirós, Culleredo, Curtis, Mesía, Sobrado e Vilasantar).  LIÑA DE AXUDAENTIDADE

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre