Inicio Galicia A Xunta destina máis de 285.000 euros en axudas ás organizacións profesionais...

A Xunta destina máis de 285.000 euros en axudas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias para actividades de representación e formación dos asociados

0

Os interesados teñen de prazo un mes para presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociación agrarias para a realización de actividades do seu interese, cun orzamento que ascende a 287.460 euros.

A finalidade destas achegas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias constituídas en Galicia, que tiveran concorrido ás eleccións a cámaras agrarias en maio de 2002, e das asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico legalmente constituídas.

Serán subvencionables as funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal; funcións ordinarias de xestión interna; representación perante as institucións e a participación nos órganos colexiados, comisións, mesas sectoriais que foron constituídos pola Administración galega. Tamén entran nesta liña de achegas a formación dos asociados e dos seus familiares e o impulso do asociacionismo agrario.

Os interesados teñen de prazo un mes, contado a partir de mañá, para presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado que se atopa en https://sede.xunta.gal.

Pódese consultar a orde na seguinte ligazón:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191120/AnuncioG0426-131119-0001_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre