Inicio Galicia A Xunta destina mais de 253.000 euros para diversas actuacións de mellora...

A Xunta destina mais de 253.000 euros para diversas actuacións de mellora enerxética e obras na rede de saneamento no concello de As Pontes

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o concello onde visitaron varias das actuacións


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá no concello de As Pontes, onde comprobaron de primeira man as actuacións levadas a cabo no concello grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental.

Concretamente, as actuación consistiron en subministro e instalación de estufa de pellet nas Asociacións de Veciños de Marraxón, Saa e Goente, que contaban con antigos radiadores cun elevado consumo enerxético. Leváronse a cabo actuación tamén para evitar a degradación e a deterioración ambiental coa limpeza de marxes e gabias en varias estradas e camiños rurais e obras na rede de saneamento e reposición de abastecemento, que consistiron principalmente na reposición de tubaxes.

As axudas que ascenderon a mais de 253.000 euros foron a cargo do Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

A súa convocatoria para este ano publicouse o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia e está dotada nesta convocatoria con 11 millóns de euros para toda Galicia. O mesmo día publicouse a Orde de infraestruturas de uso público, tamén destinada a concellos, e que conta cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30% máis que no exercicio anterior.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre