Inicio Galicia A Xunta destina máis de 12,3 millóns de euros a axudas para...

A Xunta destina máis de 12,3 millóns de euros a axudas para a mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e accesibilidade das vivendas

0

Estas subvencións están dirixidas aos propietarios das vivendas, as comunidades de propietarios, cooperativas, construtoras ou arrendatarias de edificios

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2018.- A Xunta destinará máis de 12,3 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, da conservación e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivendas 2018- 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Estas axudas están dirixidas aos propietarios das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, cooperativas, empresas construtoras ou arrendatarias ou concesionarias de edificios de vivendas. Tamén poderán beneficiarse das subvencións os arrendatarios da vivenda que realicen a rehabilitación de acordo co propietario.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar dende o día seguinte á publicación no DOG, é dicir, a partir de mañá. No seguinte enlace pódese ampliar a información desta resolución: https://goo.gl/1t72KpDúas liñas de axudasO programa conta con dúas liñas de axudas, unha delas, A, para financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentación, con especial atención á envolvente edificatoria; e outra, B, dirixida a actuacións de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Na liña A considéranse actuacións subvencionables a mellora da envolvente térmica da vivenda ou do edificio, a instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes.

Tamén se inclúen neste apartado a instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables e as actuacións que melloren o cumprimento da normativa técnica en cuestións como o illamento sonoro.

Entre as actuacións subvencionables tamén se contemplan as que afecten a elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radón a niveis inferiores a 300 Bq/m3 ou nas que, sen alcanzar o devandito nivel, se reduza a concentración inicial en, polo menos, un 50 por cento.

Ademais, en edificios de residencia colectiva, subvencionaranse a mellora da eficiencia enerxética das instalacións comúns de ascensores e iluminación, a mellora do subministro de auga e aforro da mesma ou do saneamento separativo.

Na liña B considéranse actuacións sustentables as relativas á conservación da cimentación, da estrutura, de cubertas e fachadas, a adecuación interior da vivenda unifamiliar, instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Requisitos das vivendasAs vivendas e edificios a rehabilitar deberán estar rematadas antes do 1 de xaneiro de 1996 e constituír a residencia habitual e permanente dos propietarios ou arrendatarios no momento de solicitar a axuda.

No caso de actuacións en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva, polo menos o 70 % da superficie construída terá uso residencial, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores. Ademais, polo menos o 50 % das vivendas deberán constituír o domicilio habitual das persoas propietarias ou arrendatarias no momento da solicitude.

Contía das axudasA contía das axudas será, con carácter xeral, do 40 % do custo subvencionable da actuación, podendo chegar ao 75 % nos casos de que os ingresos sexan inferiores a tres veces o Iprem ou de actuacións de accesibilidade se na unidade da convivencia residente na vivenda hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

As axudas básicas poderán incrementarse en 1.000 euros cando se trata de inmobles declarados Ben de Interese Cultural, estean catalogados ou conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Ademais, as axudas incrementaranse nun 25 % cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe máximo das axudas será o seguinte:Liña A  Vivenda unifamiliar


- Te recomendamos -