Inicio Galicia A Xunta destina hoxe tres veces máis a diferentes liñas de colaboración...

A Xunta destina hoxe tres veces máis a diferentes liñas de colaboración con Down Galicia que hai unha década

0

Destacou a importancia da colaboración coas entidades do ámbito da discapacidade para conseguir que Galicia sexa un lugar no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades


A Xunta de Galicia destina hoxe a diferentes liñas de colaboración coa federación Down Galicia preto de 935.000 euros, máis do triplo que hai unha década. A Conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse esta tarde co presidente desta entidade, Delmiro Prieto, co obxectivo de repasar as diferentes iniciativas e servizos que se están a desenvolver no marco desta colaboración.

Fabiola García enxalzou o traballo tanto da federación como das sete entidades Down que a integran, con presencia nas sete principais cidades galegas, e fixo fincapé no esforzo que estas realizan para promover a autonomía das persoas con capacidades diferentes dende a idade temperá ata a vida adulta. Neste sentido, garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego para, en colaboración co movemento asociativo do ámbito da discapacidade, conseguir que Galicia sexa un lugar no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.

Un compromiso que ten o seu reflexo nos Orzamentos, en vigor desde inicios de ano, nos que se dedican 106 millóns de euros a mellorar a calidade de vida e o benestar destas persoas e das súas familias. Esta cifra supón un aumento do 63% con respecto a 2009. Este reforzo económico permite consolidar a rede pública de prazas de atención, conformada na actualidade por 5500 prazas (1100 máis que hai unha década) e poñer en marcha 14 novos equipos de valoración e orientación da discapacidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre