Inicio Galicia A Xunta destina ás entidades locais de Santiago máis 60.000? para financiar...

A Xunta destina ás entidades locais de Santiago máis 60.000? para financiar 6 iniciativas dirixidas á xuventude

0

As actividades están limitadas ás persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos e terán que realizarse este ano

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou esta mañá da resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude no ano 2019. As actividades están limitadas ás persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos,Este ano a Consellería de Política Social inviste máis de 500.000 euros destinados a apoiar este tipo de proxectos. Na comarca de Santiago fináncianse a través do programa Iniciativas locais dirixidas á xuventude un total de 6 proxectos -4 impulsados individualmente por concellos e 2 por agrupacións de municipios- que supoñen un investimento de máis de 60.000 euros. Os concellos nos que se levarán a cabo estas iniciativas son Ames, A Baña, O Pino, Touro, Mesía-Frades e Vedra-Boqueixón-Vila de Cruces.

Ovidio Rodeiro recalcou que “con estas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación”: • Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas.• Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.• Dinamización da información para a mocidade.• Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.• Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.• Dinamización da lingua galega entre a mocidade.• Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas.• Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.• Desenvolvemento e dinamización do medio rural.• Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.

A contía máxima que se puido solicitar foi de 6.000 euros no caso das solicitudes individuais. Para as solicitudes conxuntas, a contía máxima da solicitude foi de 15.000 euros se a entidade ou agrupación está formada por dous concellos e de 22.000 euros se está formada por tres ou máis concellos.  Agrupación de concellos solicitante

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre