Inicio Galicia A Xunta destina á comarca de Santiago máis de 507.000 euros para...

A Xunta destina á comarca de Santiago máis de 507.000 euros para que 10 concellos contraten a 40 perceptores de Risga

0

Ovidio Rodeiro destacou que unha das novidades deste ano é a ampliación dos contratos que pasan de sete a nove meses

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia na comarca de Santiago de Compostela a 40 perceptores da Risga (Renda de Integración Social de Galicia) que ao longo dos vindeiros meses encargaranse de reforzar diversas tarefas de interese e utilidade social en 10 Concellos grazas a un investimento de máis de 507.000 euros. Na provincia asinaranse 184 contratos a outros tantos perceptores da Risga, grazas a un investimento de máis de 2,1M€.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro informou da resolución da orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da cal a Xunta dota aos concellos de persoal para realizar tarefas de mantemento. O investimento que aporta a Xunta de Galicia serve para financiar a totalidade dos custos salariais destas persoas, incluída a cotización á Seguridade Social.

Na comarca de Santiago de Compostela beneficiaranse desta liña de axudas 20 persoas de Santiago de Compostela, 2 de A Baña, 2 de Arzúa, 2 de Brión, 2 de Dodro, 2 de Negreira, 2 de Padrón, 1 de Santiso, 5 de Teo e 2 de Vedra. O investimento en toda a zona beneficia a 37 desempregados que pasarán de percibir a Risga a obter un salario polo traballo satisfeito. O delegado territorial aclarou que “estas axudas teñen unha dobre funcionalidade por unha banda dotan aos concellos de persoal para poder desenvolver tarefas ordinarias do día a día e por outro ofrecen unha oportunidade aos seleccionados para que poidan atopar un emprego con máis facilidade”.

En canto ás novidades deste ano, lembrou que “unha delas radica na ampliación da duración dos contratos, que pasa de sete a nove meses; así como un incremento na contía concedida por traballador, que se verá incrementada nun 35,4%, para chegar a un salario medio de 11.467 euros. A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano 7,6 millóns en Galicia, un 3,6% máis que en 2018, para contratar a 670 parados en 194 localidades.

Ovidio Rodeiro sinalou que “a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa permanencia nunha situación de exclusión”. Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou teñan máis de 45 anos.

O delegado territorial recalcou que “este programa ten como obxectivo conseguir a inserción laboral e a mellora da empregabilidade dos colectivos máis vulnerables, partindo da premisa de que a mellor política social é o emprego”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre