Inicio Galicia A Xunta destina 917.100 euros para actuar sobre a área de rehabilitación...

A Xunta destina 917.100 euros para actuar sobre a área de rehabilitación integral no concello de Vigo

0

As administracións locais que se beneficiarán da convocatoria, dotada con preto de 3 millóns de euros, son Vigo, Chantada, Quiroga, Sober, Vilalba, Viveiro e Ribadavia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, financiará este ano con 2.882.218,92 euros as actuacións que se realicen nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) daqueles concellos que non recibiran financiamento no ano 2018 por non telo solicitado ou, no caso de recibilo, que xa o teñan comprometido.

Estes fondos, que inclúen tanto a achega estatal como a autonómica, irán a parar, concretamente, aos concellos de Chantada, Quiroga, Sober, Vilalba, Viveiro, Ribadavia e Vigo coa seguinte distribución económica:  CONCELLO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre