Inicio Galicia A Xunta destina 900.000 euros a complementar as pensións que cobran 4.387...

A Xunta destina 900.000 euros a complementar as pensións que cobran 4.387 lucenses

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a axuda será ingresada de oficio e abonada nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro

A Xunta de Galicia vén de aprobar, un ano máis, un complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas, que na provincia de Lugo suporá un orzamento próximo aos 904.000 euros. En concreto, segundo informou o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, benefícianse desta achega 4.387 lucenses.

Os beneficiarios deste complemento son as persoas perceptoras de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

Balseiro sinalou que os 206 euros serán ingresados de oficio, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional. Abonaranse nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro, tal e como se reflicte nos orzamentos de 2020.

Balseiro destacou a importancia desta axuda, dirixida ás persoas que máis o necesitan: pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódica e ás persoas con minusvalía que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

O delegado lembrou que se demostra, unha vez máis, o compromiso social do Goberno galego, tanto por manter este complemento -que non ofrecen todas as Comunidades Autónomas por non ser obrigatorio- como por outras medidas adoptadas neste ano, como o novo decreto da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), que supuxo un incremento de contías, a flexibilización dos requisitos de vivenda e o reforzo do potencial desta renda social como ponte cara ao mercado laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre