Inicio Galicia A Xunta destina 8M? a apoiar a traballadores incluídos en Erte e...

A Xunta destina 8M? a apoiar a traballadores incluídos en Erte e traballadores a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá coa mesa do diálogo social, na que tamén participan a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe de que a Xunta de Galicia vai destinar 8 millóns de euros a apoiar a traballadores incluídos en expedientes de regulación temporal de emprego (Erte) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, e a empregados a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato. Así o comunicou no novo encontro do diálogo social que mantivo con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos CCOO e UGT.

A medida adoptouse nos Acordos do Diálogos Social asinados entre o presidente da Xunta e estes axentes. De feito, a contía final duplícase con respecto á prevista inicialmente co obxectivo de adaptarse ao actual contexto e frear o impacto da covid-19 na actividade empresarial e no emprego. Estas medidas comunicadas hoxe chegarán a 9000 familias: “Hoxe, máis que nunca, desde a Administración, os sindicatos e a patronal queremos estar coas persoas que se están vendo máis afectadas pola situación económica e laboral destes momentos”, explicou Conde.

Tal e como indicou o conselleiro, unha das liñas está destinada a Ertes por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción motivado pola covid-19. Contará cun orzamento de 6M€ e as axudas están dirixidas a Ertes que afecten a un máximo de 300 traballadores por centro da empresa con apoios que teñen un dobre obxectivo: compensar a perda adquisitiva dos empregados e compensar á empresa os custos de formación. Por outra banda, destinaranse 2M€ a axudas para persoas traballadoras con 55 ou máis anos de idade que estean afectadas por extinción de contratos por empresas en crise. Inclúe dous programas: un de financiamento das cotas a ingresar polo convenio especial que estea subscrito ou subscriban, e outro de pagamento único dirixido a compensar a diminución do importe da indemnización recoñecida.

Conde destacou que estas medidas xorden do consenso e da cooperación entre todas as partes e subliñou que o diálogo social é o único camiño posible para lograr entre todos a reactivación económica e do mercado laboral en Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre