Inicio Galicia A Xunta destina 84.000 euros a melloras na rede de saneamento, pluviais...

A Xunta destina 84.000 euros a melloras na rede de saneamento, pluviais e beirarrúas no concello de Oza-Cesuras

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro visitaron as actuacións acompañados polo alcalde Pablo González

A Xunta destina 84.000 euros para o financiamento das obras de mellora da rede de saneamento e na formación de beirarrúas e rede de pluviais en varias parroquias do concello de Oza-Cesuras, grazas á Orde do Fondo de Compensación Ambiental.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro acompañados polo alcalde Pablo González Cacheiro visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo, concretamente no lugar de A Veiga, no que se mellorou a rede de saneamento, e no lugar de Baldrís onde se construíron beirarrúas e unha rede de pluviais.

O Fondo de Compensación Ambiental financiarase cos ingresos obtidos do canon eólico e ten como obxectivo a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Ao abeiro destas axudas, o ano pasado na liña non competitiva concedéronse subvencións a 112 concellos para a execución doutros tantos proxectos que incluían investimentos e/ou gastos de funcionamento. Na liña competitiva concedéronse 104 subvencións para o desenvolvemento de proxectos ambientais, que foron 7 mancomunidades de concellos, 2 consorcios locais, 77 concellos e 18 agrupacións ou asociacións de concellos, que reúnen un total de 42 concellos. Este ano, o orzamento do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, supera entre ambas os 13 millóns de euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre