Inicio Galicia A Xunta destina 7,9M? aos concellos de Ferrolterra do Fondo...

A Xunta destina 7,9M? aos concellos de Ferrolterra do Fondo de Cooperación Local para garantir o seu funcionamento

0

O delegado territorial da Xunta explicou que estas axudas respectan a autonomía dos concellos e poden destinarse ao que os alcaldes consideren máis urxente


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá, nun encontro de traballo co alcalde de Fene, Gumersindo Galego, que que lle trasladou que este concello recibirá este ano, máis de 594.000 euros do Fondo de Cooperación Local. Unha partida da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que se reparte entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

En concreto, se teñen en conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación. Tendo en conta estes criterios os municipios se dividen en tres grupos, menores de 15.000 habitantes, entre 15.000 e 50.000 habitantes e máis de 50.000.

O delegado territorial informou que a comarca de Ferrolterra recibirá en total 7,9M€ destes fondos que se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, xunto cos ingresos do Estado e o IBI, para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Os fondos previstos para o 2018 xa están, neste momento, pagados e liquidados.

Nesta comarca os concellos de Ares, Cabana, A Capela, Cedeira, Cerdido, Fene, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somazas, Valdoviño, Vilarmaior e Cariño reciben estas axudas dentro dos municipios de menos de 15.000 habitantes, Narón entra na categoría de menos de 50.000 habitantes e Ferrol de máis de 50.000 habitantes.

Ovidio Rodeiro apuntou que “as inversións no están condicionadas polo que os alcaldes poden destinar esta partida a aquilo que consideren máis necesario, urxente e conveniente”. “Dende a Xunta respectamos a autonomía municipal. Son fondos que se pagan a mes vencido en doce mensualidades”, recalcou.

Neste senso, explicou que estas axudas son das máis importantes que entran no concello. Ademais, fronte a outras achegas de outras administracións, que están sometidas a moita máis burocracia administrativa e teñen un fin finalista, os fondos da Xunta respectan a autonomía dos concellos, se xestionan a través da Lei Xeral de Contratos e as tramitan os propios concellos, coa súa propia plataforma de contratación, polo que están exentas da burocracia doutros fondos.

En canto á provincia da Coruña, que é a que recibe máis achegas das catro, o delegado territorial informou que os 93 municipios recibirán en total dos fondos fixos de 46M€.

O representante do Goberno Autonómico informou que estes fondos repartiran entre os concellos galegos 128,7 millóns de euros, o que supón un 3,1 millóns de euros máis nos fondos adicionais neste exercicio.

Pola súa parte o alcalde,Gumersindo Galego, recalcou que ademais de ser das partidas máis relevantes cumpren unha dobre función por un lado permiten facer fronte aos gastos correntes e garantir o funcionamento interno e por outro poden destinarse a inversións como fondos propios. “Senón existisen estas axudas moitos concellos no poderían nin pagar as nóminas nin os servizos públicos nin facer obras”. “Estes fondos nos permiten equilibrar as contas, facer fronte ao gastos ordinarios, pagar a débeda e o sobrante se destina a inversión”, puntualizou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre