Inicio Galicia A Xunta destina 712.000 euros a obras de mellora, accesibilidade e adquisición...

A Xunta destina 712.000 euros a obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo equipamento en 35 escolas infantís municipais

0

Na provincia da Coruña concedéronse 14 axudas, nove en Pontevedra, oito en Lugo e catro en Ourense


A Xunta de Galicia destina 712.000 euros a obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo equipamentos en 35 escolas infantís dependentes de Concellos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde que convoca estas axudas e que por quinto exercicio consecutivo mantén o seu importe.

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais que teñan en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade, ou aquelas que unicamente dependan da dotación do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade para ser postos en marcha no curso 2019/20. Así, na Coruña son 14 os concellos beneficiados, nove da provincia de Pontevedra, oito en Lugo e catro en Ourense.

En concreto, mediante esta orde fináncianse obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios.

Así mesmo, asúmese a adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo. Por último, a liña atende tamén á dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenador, encerado dixital, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

A liña de axudas pode alcanzar ata o 100 % do investimento cunha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para a compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula”. En resumo, cada concello pode percibir ata un máximo de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os cales presentara solicitude.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre