Inicio Galicia A Xunta destina 4,8 millóns de euros aos concellos do Barbanza con...

A Xunta destina 4,8 millóns de euros aos concellos do Barbanza con cargo ao Fondo de Cooperación Local para contribuír ao seu funcionamento

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro mantiveron esta mañá unha xuntanza co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, participaron esta mañá, nun encontro de traballo con alcalde de Ribeira, no que que lle trasladaron que este concello recibirá este ano, 869.000 euros do Fondo de Cooperación Local. En canto á provincia, os 93 municipios recibirán en total dos fondos fixos de 42,8 millóns de euros.

Segundo explicou Marta Fernández-Tapias, esta partida de fondos non finalistas se reparte entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias. A directora xeral de Administración Local informou que estes fondos repartiran entre os concellos galegos 128,7 millóns de euros, o que supón un 3,1 millóns de euros máis nos fondos adicionais neste exercicio e que ademais, estas axudas respectan a autonomía dos concellos e poden destinarse ao que os alcaldes consideren máis urxente.

O delegado territorial informou que a comarca do Barbanza recibirá en total 4,8 millóns de euros destes fondos que se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Nesta comarca os concellos beneficiados son Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, a Pobra, Porto do Son, Boiro e Ribeira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre