Inicio Galicia A Xunta destina 4,3M? á provincia da Coruña para a contratación de...

A Xunta destina 4,3M? á provincia da Coruña para a contratación de 488 desempregados a través dos seus programas de emprego para concellos

0

O obxectivo dos tres programas é apoiar a contratación de persoas perceptoras da Risga; desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social e para tarefas de prevención de incendios


a Xunta informou da resolución do Consello da Xunta de varios dos programas de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o 2020 aos que se destinarán na provincia da Coruña 4,3 millóns de euros para crear 488 postos de traballo.para os tres plans de emprego da Xunta: Aprol Rural para desempregados do rural; as axudas para a contratación de perceptores da Risga e para desempregados para realizar obras ou servizos de interese xeral.

Aprol RuralO Aprol Rural, co que se apoia a contratación de persoas sen emprego no rural galego, financiará a totalidade dos custos salariais nos contratos, incluída a Seguridade Social segundo estea marcado no convenio colectivo vixente no momento no que o concello presentou a súa solicitude. Aprol Rural suma na provincia da Coruña 1,6 millóns de euros, un orzamento co que se financiará a contratación durante un período de 9 meses, e creará 121 postos de traballo para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poderán contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

RisgaPolo que respecta á contratación dos preceptores do Risga, sumará na provincia da Coruña máis de 2,1 millóns de euros, e permitirá a contratación de 180 persoas. O obxectivo deste programa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.

DesempregadosO terceiro dos programas de emprego refírese ao plan de cooperación co que se apoia a contratación persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción, este programa destínase na maior parte dos casos á contratación de socorristas.

Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial. Na provincia da Coruña financiaranse 187 contratos cun apoio de 591.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre