Inicio Galicia A Xunta destina 420.000 euros á mellora das instalacións da residencia de...

A Xunta destina 420.000 euros á mellora das instalacións da residencia de maiores da localidade ourensá de Castro Caldelas

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe as actuacións que se están executando e anunciou que proximamente se licitará as obras de rehabilitación integral


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou hoxe as obras de mellora que se están a executar na Residencia de Maiores da localidade de Castro Caldelas de titularidade e xestión propia da Consellería de Política Social que este mes cumpre 30 anos.

Os traballos consisten no cambio de carpintería exterior, con novos despezamentos resolvendo a seguridade, e reparacións diversas, entre elas pintado e substitución de portas e que se prevén estarán finalizados en dúas semanas. Contan cun investimento global de 120.000 euros.

Díaz Mouteira aproveitou a visita para anunciar a próxima licitación, por un importe de 300.000 euros, das obras de rehabilitación integral deste centro residencial que dada a súa antigüidade é necesario renovar.

Segundo o proxecto, actuarase sobre a envolvente do edificio mellorando o confort térmico dos residentes. Substituiranse as instalacións de electricidade, iluminación, saneamento e fontanería. Estas actuacións, combinadas coa nova caldeira de biomasa que se instalou o pasado ano, garantirán una substancial mellora de confort térmico e un considerable aforro enerxético.

En opinión de Díaz Mouteira as actuacións previstas nesta residencia “buscan mellorar a comodidade, confort e benestar dos residentes”. Nesta liña, a delegada territorial defendeu o labor desenvolto polo Goberno Galego para seguir aumentando os recursos públicos que atendan aos nosos maiores e que garanta que poidan vivir en plena liberdade e contar co apoio que necesitan.

Ademais, Marisol Díaz reivindicou o papel das persoas de máis idade para o conxunto da sociedade galega e garantiu que a Xunta seguirá a traballar para que se poida elixir como e onde quere un facerse maior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre