Inicio Galicia A Xunta destina 40.000 euros á reforma e dotación de equipamentos de...

A Xunta destina 40.000 euros á reforma e dotación de equipamentos de varios espazos do centro social de Padrón

0

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá xunto co alcalde de Padrón, Antonio Fernández, o centro social de Padrón, ao que a Xunta destinou este ano arredor de 40.000 euros para acondicionar varios espazos ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. Á visita tamén acudiu a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

A Administración autonómica colabora co concello na reforma das instalacións da planta baixa que acollerá unha sala de usos múltiples destinada a accións formativas, ademais da renovación do revestimento das paredes, luminarias, telóns e cortinas do auditorio situado na planta primeira do inmoble.

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a importancia da colaboración cos concellos para atender as súas necesidades, sobre todo no actual escenario marcado polas consecuencias derivadas pola covid-19, o que dificulta aínda máis ás entidades locais levar a cabo en solitario estas actuacións. Nesta liña, incidiu en que a Xunta mantén un diálogo fluído cos concellos galegos, en tanto que son a administración máis próxima a cidadanía, co obxectivo de traballar de xeito coordinado en proxectos que redunden directamente no benestar da veciñanza.

Alfonso Rueda incidiu na necesidade de levar a cabo “pequenas actuacións” coma estas seleccionadas polos gobernos municipais que son os que “mellor coñecen as necesidades da cidadanía” e coas que moitos veciños saen beneficiados.

Por outra banda, fixo referencia á proposta do alcalde para adecuar a Casa dos Capeláns para acoller aos peregrinos do Camiño de Santiago. O vicepresidente primeiro da Xunta sinalou que o Goberno galego traballará no acondicionamento das instalacións nos lugares polos que pasan as rutas xacobeas, como é o caso de Padrón, co obxectivo de “contar cun gran Xacobeo pese as circunstancias actuais e que o Camiño poida recuperar o seu esplendor”.

O concello de Padrón leva recibidos nos últimos anos arredor de 520.000 euros a través de distintas liñas de axudas da Xunta, un investimento dirixido en gran parte á adquisición de equipamentos para labores de protección de medio ambiente, no marco do Fondo de Compensación Ambiental.

Orde Infraestruturas uso públicoA través da liña de subvencións para infraestruturas de uso público coa que se financian as actuacións do centro social de Padrón, a Xunta tamén colaborou co concello nos últimos anos na pavimentación de varias rúas e na dotación de equipamento informático para as dependencias municipais. O Goberno galego vén apoiando desde 2009 aos municipios galegos na mellora das dotacións existentes de infraestruturas básicas e na creación reforma dos servizos municipais. A convocatoria para este ano conta cun orzamento de catro millóns de euros, o que supón un incremento dun millón de euros máis respecto ao ano anterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre