Inicio Galicia A Xunta destina 3 millóns de euros a axudas de mellora da...

A Xunta destina 3 millóns de euros a axudas de mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública

0

Trátase de axudas a comunidades de propietarios de vivendas promovidas polo IGVS ou transferidas ao mesmo


A Xunta de Galicia destina tres millóns de euros a subvencións a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de vivendas promovidos polo IGVS ou transferidos á comunidade autónoma, segundo establece a Resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia. As axudas son cofinanciadas con fondos europeos, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios/as dos edificios contemplados no ámbito de aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención e, ademais, cumpran os seguintes requisitos:a) Que o edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei de Subvencións de Galicia.c) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir cos obxectivos do proxecto polo que se solicita a axuda, en cumprimento do art.125.3 d) do Regulamento 1303/2013.d) Que sexan seleccionadas conforme á prelación das puntuacións obtidas en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto desta resolución e conforme da disposición orzamentaria existente.

Actuacións subvencionablesConsidéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia enerxética que supoñan a redución mínima da demanda enerxética en calefacción do edificio nun 20 por cento e a subida dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2, consistentes en melloras do illamento térmico e/ou da carpintería da envolvente, que poderán ir acompañadas de melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución e estean baseadas nunha auditoría enerxétca.

As actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro de 2020 e non teñan executado mais dun 60 por cento do custe total das obras.

A contía da subvención será do 80 por cento do orzamento subvencionable.

As solicitudes poderán presentarse durante o prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia, polo que dito prazo rematará o 3 de agosto de 2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre