Inicio Galicia A Xunta destina 2,5M? ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar...

A Xunta destina 2,5M? ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as convocatorias de axudas destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2019.- A Xunta vén de activar axudas por 2,5 millóns de euros para impulsar a competitividade do comercio mediante a colaboración cos centros comerciais abertos (CCA), asociacións de praceiros e federacións. O obxectivo é impulsar o papel dinamizador do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permitan atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de maio.

Por unha banda, destínanse 2 millóns de euros á liña dirixida a centros comerciais abertos para proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. Como novidade, entre as actuacións subvencionables inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con apoios para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.

Esta liña tamén se dirixe a asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros.

A segunda liña, á que se destinan 500.000 euros, está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre