Inicio Galicia A Xunta destina 180.000 euros a executar as obras de abastecemento en...

A Xunta destina 180.000 euros a executar as obras de abastecemento en Prado, no municipio de Friol

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos beneficiarán a un centenar de veciños e veciñas


A Xunta de Galicia destina preto de 180.000 euros ás obras de abastecemento de auga ao núcleo de Prado, en Friol, que está a executar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través de Augas de Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o emprazamento para comprobar a marcha dos traballos. Acompañado polo alcalde, José Ángel Santos, subliñou que se acomete a construción da captación, o depósito, e a extensión dunha rede de distribución de máis de 10 quilómetros; a actuación beneficiará a preto dun centenar de veciños de veciñas.

Neste sentido, o delegado destacou que “unhas das canles máis importantes de colaboración do Goberno galego cos concellos é o apoio á planificación, execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas, que pola súa complexidade necesitan de investimentos que resultarían moi gravosos para as arcas municipais”.

Na mesma liña, sinalou o esforzo da Xunta por “continuar achegando dotacións básicas ao medio rural, mellorando as condicións de vida e de traballo dos veciños e veciñas que viven en núcleos pequenos, que conforman a maior parte da estrutura territorial da nosa provincia”A obra de abastecemento de Prado inclúe a construción da captación nas inmediacións do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, co correspondente sistema de válvulas e cloración e que funcionará grazas á colocación de cinco paneis fotovoltaicos na cuberta.

A rede de distribución, cunha lonxitude de 10.467 metros, discorrerá na súa maior parte por camiños públicos; completarase cos elementos necesarios de válvulas de corte, ventosas, sumidoiros, bocas de rega e unha válvula redutora, albergadas en arquetas prefabricadas de formigón. Os trazados da rede afectarán as estradas LU P-2110 (provincial) e a estrada LU-934 (autonómica), polo que se prevé a reposición dos servizos afectados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre