Inicio Galicia A Xunta destina 15.140 euros a colaborar coas agrupacións de voluntarios Protección...

A Xunta destina 15.140 euros a colaborar coas agrupacións de voluntarios Protección Civil de dez concellos da área de Vigo

0

Estas axudas, que permitirán sufragar os gastos de funcionamento de agrupacións dos municipios de menos de 50.000 habitantes, complementan a outra orde de apoio para mellorar o equipamento, vehículos ou a formación dos voluntarios

A Xunta de Galicia destina este ano 15.140 euros a colaborar cos gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de dez concellos da área territorial de Vigo. Concretamente benefícianse desta orde de axudas os municipios de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Soutomaior, Redondela, Cangas e Moaña, así como a Mancomunidade do Val Miñor -Baiona, Gondomar e Nigrán-.

As axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións.

Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Con este obxectivo, tense habilitado o pasado maio outra liña de subvencións en especie con vehículos todo camiño e pick up, remolques de emerxencia, tendas de campaña, quads, embarcacións pneumáticas ou equipos de excarceración ou esparexadores de sal. A Xunta destinou á convocatoria deste ano 932.400 euros para equipar a estas agrupacións. O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC no conxunto da comunidade supera os 12 millóns de euros. Ademais, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), os voluntarios reciben formación sobre a atención ás emerxencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre