Inicio Galicia A Xunta destina 135.000 euros a obras de mellora, accesibilidade e adquisición...

A Xunta destina 135.000 euros a obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo equipamento en 6 escolas infantís municipais da comarca de Santiago

0

Esta orde financia obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas así como actuacións novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas para obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo equipamentos en 14 escolas infantís dependentes de Concellos da provincia da Coruña que ascenden a máis de 282.000 euros. Estas axudas convocáronse por quinto exercicio consecutivo.

No caso concreto da comarca de Santiago, recibirán estas achegas a EIM das Fontiñas e Conxo, a EIM Raíña Lupa de Boqueixón, a EIM de Santa Comba, a EIM de Brión, a EIM O Bosque/A Madalena de Ames e a EIM Pequenos Escolares de Padrón. En total, as partidas para esta área ascenden a máis de 135.000 euros.

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais que teñan en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade, ou aquelas que unicamente dependan da dotación do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade para ser postos en marcha no curso 2019/20.

En concreto, mediante esta orde fináncianse obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios.

Así mesmo, asúmese a adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo. Por último, a liña atende tamén á dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenador, encerado dixital, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

A liña de axudas pode alcanzar ata o 100 % do investimento cunha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para a compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula”. En resumo, cada concello pode percibir ata un máximo de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os cales presentara solicitude.  Concello solicitante

Escola infantil

 Investimento subvencionable

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre