Inicio Galicia A Xunta destina 120.000 euros en subvencións para promover o talento musical...

A Xunta destina 120.000 euros en subvencións para promover o talento musical galego a través da produción fonográfica

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria desta liña de axudas para contribuír á realización de 20 proxectos de edición discográfica ou videográfica


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Xunta para promover o talento musical galego no ámbito da produción fonográfica, unha liña de apoio ao sector nacida en 2019 e que este ano se convoca por segunda vez mantendo a súa dotación de 120.000 euros e como medida incluída no Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19.

Poderán beneficiarse destas axudas ata 10 proxectos de edición para primeiros traballos discográficos ou videográficos e outros 10 de consolidación para aqueles artistas que xa teñan debutado no mercado. A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que conteña maioritariamente obra de artistas galegos ou que estean interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), encárgase da xestión deste programa de apoio co obxectivo de favorecer tanto o lanzamento como a consolidación de novas carreiras musicais, de xeito que se impulse a profesionalización do sector, a normalización no uso da lingua galega e o enriquecemento cultural a través da música.

Lanzamento e consolidación de novos artistasPoderán ser solicitantes as empresas de produción fonográfica con actividade en Galicia que presenten proxectos de artistas que non teñan editado un primeiro álbum ou 10 singles/vídeosingles (modalidade A) ou daqueles que xa conten con este tipo de produtos no mercado, neste caso establecendo como límite catro álbums ou 40 singles/videosingles (modalidade B). O prazo estará aberto desde mañá e ata o 2 de novembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT402F).

As contías a recibir ascenden a un máximo de 2000 euros para cada un dos 10 proxectos da modalidade A e de 10.000 euros para os da B.

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, a partir da valoración das solicitudes por unha comisión de acordo cuns criterios preestablecidos, entre os que figuran a traxectoria da empresa nos tres anos anteriores, a presenza feminina na produción, o emprego da lingua galega, a proposta de difusión e comercialización, a implicación doutras empresas e/ou profesionais galegos ou a calidade do proxecto.

Na resolución do pasado ano obtiveron subvención por medio desta iniciativa os traballos discográficos de debut Canto das Xacias, de Dequenvessendo, e Chichos y sus Chichas, de Ortiga. Tamén se subvencionou o lanzamento doutros cinco discos de consolidación de carreiras musicais: Unaligned, de Agoraphobia, Cantigas Trashumantes, de Mirian Sandoval, o libro-cd O namorar vai nos ollos, de Pablo Sanmamed, Contrapunto, de Tanxugueiras, e Espabila gallego, de Terbutalina.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre