Inicio Galicia A Xunta destaca que o Plan de financiamento empresarial de Galicia contribúe...

A Xunta destaca que o Plan de financiamento empresarial de Galicia contribúe a que as pemes gañen tamaño

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, interveu hoxe, en Santiago de Compostela, no IV Foro Alternativas de financiamento para o crecemento e a internacionalización


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, en Santiago de Compostela, durante o IV Foro Alternativas de financiamento para o crecemento e a internacionalización, a contribución do Plan de financiamento empresarial de Galicia para que as pemes gañen en tamaño e competitividade.

Conde expuxo que no contexto actual de incerteza política e desaceleración económica as empresas deben abordar unha transformación interna e unha proxección externa que lles permita manter a súa competitividade e lembrou que a Xunta apoia esta evolución a través de diferentes instrumentos.

No caso do Plan de Financiamento Empresarial de Galicia, nos últimos 5 anos, apoiou preto de 11.000 empresas e autónomos mobilizando case 1200M€. Tal e como explicou, o Igape vén de sumar unha nova liña de financiamento de proxectos dotado con 18M€ para favorecer inversións estratéxicas, financiamento de vehículos de transporte e investimentos en infraestruturas de uso compartido.

Para apoiar a innovación das pemes galegas, desenvolverase a nova Estratexia Pemes, á que se destinarán 2,5M€ en formación e no uso de servizos de apoio á I+D+i; mentres que no eido da internacionalización, manteranse medidas con programas como o Foexga ou o Galicia Exporta Empresas ás que se destinarán 18,1M€ en 2020. Desde 2009, as accións da Xunta neste eido permitiron apoiar a 1900 empresas e mobilizar 130M€. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre