Inicio Galicia A Xunta destaca que o obradoiro para menores de 30 anos de...

A Xunta destaca que o obradoiro para menores de 30 anos de Val do Dubra permitirá formar e especializar a 16 persoas en agricultura ecolóxica e animación

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe ao alumnado desta iniciativa na que tamén participan os concellos da Baña, Negreira e Santa Comba

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Val do Dubra, durante a visita ao obradoiro para menores de 30 anos organizado por este Concello, xunto cos da Baña, Negreira e Santa Comba, a importancia deste tipo de programas de formación e emprego porque grazas a súa especialización e á formación flexible e á carta que ofrecen están contribuíndo a ter unha Galicia preparada con traballadores máis cualificados.

Na iniciativa participan un total de 16 alumnos que reciben cualificación nas especialidades de agricultura ecolóxica e animación físico deportiva e recreativa ao tempo que poñen en práctica a formación recibida a través de actividades de animación, agricultura, obradoiros e outros servizos aos diferentes concellos dirixidos aos veciños.

Casal sinalou que a formación para o emprego é prioritaria para contar cunha Galicia e cuns concellos máis preparados a través dos cursos formativos e dos obradoiros que se están ofrecendo. Estes programas de formación dual, flexibles e á carta permiten ofrecen novas oportunidades de traballo a aquelas persoas que non contan cunha formación académica suficiente e aos que queren multiplicar as súas opcións recibindo unha mellor especialización.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 24,5 millóns entre 2019 e 2020 para a posta en marcha de 80 obradoiros, a través dos que máis de 1500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo para o desenvolvemento de tarefas que supoñan un servizo en beneficio da comunidade.

En concreto, para os obradoiros específicos para menores de 30 anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 3,5 millóns para beneficiar a 300 mozos e mozas a través de 19 programas, que combinan formación e o acceso a un posto de traballo durante 6 meses. A Xunta seguirá apostando por unha Galicia máis preparada e, o ano que vén, reservará máis de 66M€ ao Plan Galego de Formación.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre