Inicio Galicia A Xunta destaca que o novo laboratorio de fabricación avanzada do CTAG...

A Xunta destaca que o novo laboratorio de fabricación avanzada do CTAG permite á automoción galega seguir impulsando a industria 4.0

0

O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño no V Simposio Internacional de Robótica Vestible, no que o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) amosa os seus avances neste ámbito

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño no V Simposio Internacional de Robótica Vestible, no que o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) amosa os seus avances en materia de exoesqueletes.

Na súa intervención, Conde destacou que a posta en marcha do novo laboratorio de sistemas de fabricación avanzados do CTAG, que hoxe visitou, “é un gran exemplo de como desde Galicia estamos incorporando a tecnoloxía 4.0 aos diferentes procesos de produción no sector da automoción”. Así, o vicepresidente económico puxo de relevo o traballo dos últimos anos do CTAG neste ámbito, poñendo tamén en valor a colaboración toda a industria no seu conxunto, liderada por PSA Vigo. O vicepresidente económico apuntou que a colaboración é imprescindible para reforzar as capacidades do centro tecnolóxico e “seguir avanzando no vehículo do futuro e a fábrica excelente, nese horizonte do 2025, nunha fábrica que ten que ser modular, flexible e incorporar a tecnoloxía 4.0”.

Neste sentido, a través das convocatorias para mellorar as infraestruturas dos centros tecnolóxicos galegos, a Administración autonómica colaborou co CTAG na mobilización de máis de 14 millóns de euros, e de feito, é o centro tecnolóxico que acapara a maior parte do presuposto que se asigna a esta liña de axudas.

Conde cualificou o simposio, no que participan máis de 400 profesionais de forma virtual, como o maior escaparate de todos os avances científicos e tecnolóxicos que se están producindo no ámbito dos exoesqueletes a nivel internacional. O vicepresidente económico subliñou que “no centro están as persoas e o talento” e sinalou a importancia de que “non só sexamos competitivos senón que ao mesmo tempo coidemos a saúde dos operarios”, e que Galicia sexa un exemplo de “como incorporar as mellores prácticas”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre