Inicio Galicia A Xunta destaca que o coñecemento dos mercados e o seu funcionamento...

A Xunta destaca que o coñecemento dos mercados e o seu funcionamento é primordial para o sector primario en xeral e o cárnico en particular

0

José Balseiros puxo en valor o papel do gandeiro como garantía de boa parte da sustentabilidade ambiental e ecolóxica de Galicia


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou esta mañá en Lugo na clausura da xornada celebrada sobre as indicacións xeográficas protexidas de Ternera Gallega e de Vaca e Boi Galego. Alí, destacou que é primordial coñecer o funcionamento e as necesidades dos mercados actuais para que o sector primario en xeral e o cárnico en particular poida evolucionar e adaptarse ás súas demandas. No acto tamén estivo presente o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.

Neste senso, puxo en valor a indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, que conta xa con trinta anos de experiencia e está consolidada no mercado nacional. Así, salientou que, en consonancia coas tendencias actuais de mercado, o crecemento xeral da produción amparada por este selo de calidade inclinouse cara a carne de tipo Suprema, sendo a máis certificada pola IXP dende o ano 2015. Esta inclinación dos consumidores cara produtos de máis calidade, engadiu o director xeral, móstralle o camiño a seguir aos consellos reguladores para impulsar a produción e a comercialización destes produtos.

Así mesmo, José Balseiros indicou que a protección destas producións baixo o selo de Ternera Gallega viuse potenciada nos últimos tempos coa creación da Indicación Xeográfica Protexida Vaca galega e Boi galego, que naceu para protexer e amparar a carne de vacún maior, garantindo así a súa orixe e calidade.

Finalmente, o responsable da área de gandaría en Galicia destacou tamén o papel fundamental dos gandeiros galegos que, ademais de ser un dos máis importantes xestores do territorio, teñen que garantir boa parte da sustentabilidade ambiental e ecolóxica da nosa comunidade. De aí, matizou, que o benestar animal e o impacto ambiental da gandaría sexan algúns dos novos requisitos que se teñen en conta na escolla dun produto.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre