Inicio Galicia A Xunta destaca que o Campus da Sustentabilidade afonda na especialización do...

A Xunta destaca que o Campus da Sustentabilidade afonda na especialización do SUG, aproveitando as vantaxes de cada zona

0

O conselleiro de Cultura explica que, coa posta en marcha deste proxecto, a Universidade da Coruña será referencia en España neste campo de estudo e incardinarase cos países europeos máis expertos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, participaron esta mañá na presentación do Campus da Sustentabilidade de Coruña, un proxecto que afonda na estratexia de especialización dos campus do Sistema Universitario de Galicia (SUG), baseada no aproveitamento das potencialidades de cada territorio e vinculada ás necesidades dos sectores produtivos e económicos. O acto tamén contou coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde; e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Neste sentido, Román Rodríguez lembrou que Galicia foi pioneira en poñer en marcha unha estratexia de especialización dos campus periféricos, como é o caso do Campus Industrial de Ferrol, en funcionamento desde 2016. Con este proxecto xa en desenvolvemento, o obxectivo agora céntrase nos campus centrais da Coruña: o Campus da Sustentabilidade e, tamén, o Campus Innova, vinculado coa TICs, a edificación e enxeñería civil e os contidos dixitais. “A especialización dos campus é o resultado de converter a diferencia en referencia, é unha especialización intelixente”, salientou. Tal e como destacou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, o paso que dá a Universidade da Coruña con este proxecto é un “paso valente”, posto que será referencia en España neste campo de estudo e, ademais, favorecerá a conexión directa cos países europeos expertos na temática. En concreto, o Campus da Sustentabilidade centrarase no urbanismo e a paisaxe; a sustentabilidade ambiental, social e económica; e a vida saudable e o deporte, “áreas que están espertando un grande interese na sociedade a nivel mundial”, manifestou. Neste sentido, englobará 30 grupos de investigación e 14 facultades, escolas e centros científicos, entre o que se inclúe o centro singular de investigación CITIC. Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente sinalou que vivimos na era de usar e tirar, na era do plástico e das comodidades desbotables, pero a intelixencia humana é capaz de detectar os perigos e de crear os seus propios mecanismos de defensa, este é a orixe da sustentabilidade. Indicou que aínda que se pense que é un termo que poda evocar grandes organizacións e iniciativas, é un compromiso que non ten sentido algún se non se entende como un reto persoal e individual de todos e cada un. Trátase de garantir as relacións entre as persoas, asegurando o futuro da sociedade a medio e longo prazo.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Nese sentido, apuntou que é necesario repensar a relación da sociedade coa contorna para facela duradeira e estable, algo que se leva no carácter, xa que os costumes dos nosos devanceiros están marcados pola necesidade de aproveitar os recursos. Agora -dixo- estamos ante o momento de devolver á contorna todo o coñecemento que a propia natureza proporcionou.

Galicia conta cunha clara folla de ruta, que se centra nunha aposta sólida pola economía circular, un modelo que prioriza o retorno, a renovación e o uso eficiente dos recursos; que mantén o valor económicos dos produtos, materiais e recursos o maior tempo posible e reduce ao máximo a xeración de residuos; é dicir, “reproduce o modelo cíclico da natureza”, apuntou.

Engadiu que a Comunidade galega ten avanzado pasos importantes nese camiño cara a economía circular, grazas ao traballo para desenvolver a Estratexia Galega de Economía Circular, que se atopa en redacción; e tamén á Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.

Seis novos graos na UDC ata 2021Román Rodríguez lembrou que, nos últimos anos, as tres universidades galegas apostaron pola colaboración para mellorar, en conxunto, como sistema. Froito desta cooperación foi posible levar a cabo, Xunta e universidades, unha planificación conxunta da oferta académica superior ata 2021, un fito pioneiro en España. Dentro desta folla de ruta, a Universidade da Coruña ofertará seis novos títulos, dous deles xa o vindeiro curso 2018/19: o Grao en Xestión industrial da moda (no Campus de Ferrol) e o Grao Interuniversitario en Paisaxe, en colaboración coa Universidade de Santiago. Presentado o pasado 15 de xuño en Lugo, trátase do primeiro título interuniversitario do SUG e o único sobre esta temática no sistema público español. Ademais, este título está vinculado coas áreas de especialización deste Campus da Sustentabilidade.  

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -