Inicio Galicia A Xunta destaca que o 99% das persoas que realizan as probas...

A Xunta destaca que o 99% das persoas que realizan as probas de avaliación da experiencia profesional na cualificación de extinción de incendios e salvamento obtén acreditación oficial

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, achegáronse esta mañá, na Estrada, ás probas de avaliación nas que están participando 130 candidatos


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado do xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, visitou esta mañá a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada con motivo das probas de avaliación dentro do procedemento de recoñecemento da experiencia profesional na cualificación de extinción de incendios e salvamento. Marnotes destacou que o 99% de candidatos que finalizan o proceso de avaliación obtén acreditación oficial da súa competencia profesional.Ás probas, que se realizan por quinto ano consecutivo e que se desenvolven desde o 27 de maio ata hoxe, presentáronse 130 candidatos. Sometéronse a unha entrevista profesional previa e estes días están realizando unha simulación dunha situación real de traballo relacionada con ámbitos como espazos confinados, derrames e fugas, incendios ou simuladores de fume e sons.

Para o desenvolvemento das probas cóntase con tres plataformas móbiles, 10 coches de desguace para excarcelacións, 1 vehículo motobomba, a piscina da AGASP, material de extinción de incendios, equipos de intervención con máscares e botellas de osíxeno, taboleiros de madeira para a realización de apeos e estabilizacións e unha ambulancia medicalizada.

O director xeral destacou que desde a realización das primeiras probas, no ano 2015, xa se convocaron un total de 762 prazas nesta cualificación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre