Inicio Galicia A Xunta destaca que Maderas Goiriz exemplifica o esforzo do sector forestal...

A Xunta destaca que Maderas Goiriz exemplifica o esforzo do sector forestal galego por innovar en toda a cadea de transformación da madeira

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou hoxe en Boqueixón (A Coruña) as instalacións de Maderas Goiriz

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe o esforzo que están a facer as empresas do sector forestal galego por innovar en toda a cadea de transformación da madeira para achegar valor engadido ao produto final. Así o recoñeceu durante unha visita ás instalacións de Madeiras Goiriz, con máis de 70 anos de traxectoria e especializada na fabricación de bandexas para a produción de viguetas de formigón.

O director de Xera sinalou que se trata dunha empresa que abrangue a primeira e a segunda transformación, e que toda a madeira que empregan é cen por cento galega; fundamentalmente pino. Destacou, ademais, que conta con dous centros de produción cuxas instalacións foi adaptando para poder ofrecer solucións máis competitivas ao mercado e optimizar os seus sistemas de fabricación.

Nesta liña, apuntou que, ao igual que están a facer moitas empresas do sector, está a apostar pola innovación —tanto na compra de maquinaria punteira como na incorporación de nova tecnoloxía—, e tamén pola formación do seu cadro de persoal. Ao respecto, subliñou o compromiso da Xunta co sector para que poida acadar estes obxectivos e incrementar o seu nivel de competitividade.

Lembrou, así, que neste momento permanece aberta a orde de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), cofinanciada con fondos Feader e dotada con 10,4 millóns de euros para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos.

De igual xeito, nas próximas semanas se activará, tal e como xa se informou no Consello da Xunta, un programa por dous millóns de euros destinado ás empresas da segunda transformación da madeira e o sector contract, co que se apoiarán os investimentos dirixidos á valorización, potenciación, innovación e mellora neste eido. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre