Inicio Galicia A Xunta destaca que a unidade mixta gas renovable permitirá a Galicia...

A Xunta destaca que a unidade mixta gas renovable permitirá a Galicia aumentar as súas fontes enerxéticas limpas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá, na Coruña, á presentación de resultados da iniciativa na que colaboran Naturgy, EnergyLab e a Edar de Bens co apoio da Administración autonómica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Coruña á presentación de resultados da Unidade Mixta Gas Renovable, nunha xornada organizada por Naturgy, EnergyLab e a Edar de Bens, onde destacou que o traballo realizado permitirá a Galicia aumentar a porcentaxe de enerxía procedente de fontes renovables limpas e, por tanto, cun menor impacto ambiental.

Tal e como explicou o conselleiro, Galicia conta cun potencial mercado de produción de biogás a partir dos residuos xerados tanto nas EDAR urbanas como nas de industrias alimentarias que, grazas á investigación desenvolvida no marco desta UMI, permitirá ás EDAR abaratar custos de funcionamento, aumentar a cantidade de gas natural procedente de fontes renovables e impulsar unha nova liña de negocio para obter gas natural renovable á vez que se reduce o impacto medioambiental, ademais de favorecer a creación de emprego. De feito, a EDAR de Bens ten un potencial de produción de gas renovable capaz de cubrir as necesidade enerxéticas anuais de 2800 vivendas e abastecer durante un ano unha frota de 3000 turismos ou de 60 autobuses.

Conde explicou que esta iniciativa se enmarca dentro da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, na busca do desenvolvemento de solucións innovadoras que dean resposta aos grandes retos do tecido empresarial a través do fomento da colaboración público-privada, pero tamén coincide co obxectivo fixado nas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020 de apoiar a I+D+i no eido enerxético.

O conselleiro rematou explicando que o novo modelo produtivo da Industria 4.0 é unha oportunidade para mellorar a competitividade industrial que é compatible co coidado do medio ambiente e a aposta pola eficiencia enerxética e as enerxéticas renovables. Así, subliñou que esta UMI certifica as vantaxes de aplicar a innovación ao sector enerxético en beneficio dos cidadáns. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre