Inicio Galicia A Xunta destaca que a saída desde Mos dunha das etapas da...

A Xunta destaca que a saída desde Mos dunha das etapas da Volta Ciclista a España supón unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués

0

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación do programa de actividades que o concello de Mos ten previsto desenvolver nas semanas previas á celebración da etapa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da 15ª etapa da Volta Ciclista a España 2020, que sairá do concello de Mos o vindeiro 5 de novembro. Trátase da terceira e derradeira das etapas que descorrerán por terras galegas na presente edición da proba raíña do ciclismo en España e unha das tres grandes do mundo, xunto co Giro e o Tour de Francia.

Durante a presentación do programa de actividades que o Concello de Mos ten previsto desenvolver co gallo da celebración desta etapa en terras mosenses, a directora de Tursimo de Galicia lembrou os fondos vencellos que unen Mos co Camiño de Santiago e destacou que a celebración desta importante proba deportiva é tamén unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués fronte as multitudinarias audiencias que reúne a retransmisión desta proba deportiva.

A Volta Ciclista a España, que se disputará entre o 20 de outubro e o 5 de novembro, pasará polas catro provincias galegas ao longo de tres etapas: a 13ª entre Muros e o Mirador do Ézaro, a 14ª na que rodarán na Ribeira Sacra, entre Lugo e Ourense, e a 15ª que sairá de Mos en dirección a Puebla de Sanabria.

A directora de Turismo de Galicia subliñou durante a súa intervención que esta última etapa, que sae por vez primeira de Mos, é especialmente importante para un concello moi vencellado co Camiño de Santiago, tal e como o reflicte o seu lema turístico: “a Rosa do Camiño”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre