Inicio Galicia A Xunta destaca que a oficina RSE Innolab de Vigo promoverá entre...

A Xunta destaca que a oficina RSE Innolab de Vigo promoverá entre as empresas transfonteirizas a responsabilidade social

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe nunha xornada técnica á que asistiron máis de 60 entidades para coñecer os servizos e actividades do espazo que se empraza nas instalacións da CEP


Vigo xa conta coa oficina RSE Innolab de apoio e asesoramento en responsabilidade social empresarial que se empraza nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe na xornada técnica -asistiron máis de 60 entidades- na que se expuxeron os servizos que se ofrecen neste espazo e as actividades que se levarán a cabo e que comezarán a desenvolverse a partir do próximo 27 de marzo.

Poderán solicitar información e asesoramento empresas con sede en Galicia, o norte de Portugal, Castela León e Estremadura, xa que RSE Innolab forma parte do proxecto europeo Xeración de emprego de calidade transfronteirizo (Poctep Gemcat) do que son socias estas rexións.

A oficina conta con persoal técnico especializado en RSE que se encargará, ademais de ofrecer servizos de apoio, difusión e asesoramento, de mentorizar a empresas que estean interesadas en establecer un plan de acción e implantar medidas neste campo, así como de recompilar e estudar boas prácticas que teñan éxito co obxectivo de promocionalas para a súa implantación en compañías de Galicia, Estremadura, Castela e León e Norte de Portugal. Do que se trata, segundo explicou Toca, é de achegar solucións concretas aos desafíos da RSE e servir de mentor ás firmas interesadas en establecer un plan de acción neste eido.

Entre as actividades que se realizarán destacan un programa formativo mensual, dinámicas de creatividade e a organización unha vez ao mes dun encontro networking para o intercambio de experiencias.

As compañías interesadas en recibir asesoramento poden solicitalo a través do mail rseinnolab-g@gemcat.eu; a páxina web www.rseinnolabgal.com ou a través do número de teléfono 664607330.

A xornada que se celebrou hoxe foi participativa e dinámica, xa que os asistentes puideron participar no Photocall RSEmpresarial, unha actividade deseñada para fomentar o traballo cooperativo e a creatividade e para intercambiar experiencias entres os distintos sectores empresariais. De feito, formáronse grupos de compañías de diferentes ámbitos nos que se compartiron as súas experiencias en RSE.

Toca destacou que os principais obxectivos da xornada foron motivar ás empresas para que participen e aproveiten as actividades que se levarán a cabo no centro RSE-Innolab; crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e á sustentabilidade; e aumentar a promoción da RSE entre as empresas transfronteirizas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre