Inicio Galicia A Xunta destaca que a Mostra de Camariñas converte o concello na...

A Xunta destaca que a Mostra de Camariñas converte o concello na capital internacional do encaixe

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apunta que se trata dunha cita cultural consolidada e veterana que sabe renovarse cada ano

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na inauguración da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este encontro, que se celebra ata o domingo 21 de abril, é unha cita cultural consolidada e veterana, que sabe renovarse cada ano para ofrecer en cada edición novas propostas e converter este concello coruñés na capital internacional do encaixe.

Na súa intervención, o conselleiro subliñou a mestura de gastronomía, música tradicional, actividades para os máis pequenos e moda, e sinalou que Camariñas é sinónimo do feito a man, e do que representa a Artesanía de Galicia. No sector artesán traballan hoxe máis de 5.000 persoas vinculadas tanto a obradoiros como a tendas físicas e tendas en liña, con 635 empresas artesás inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria remarcou a importancia de conservar e transmitir o tesouro que supón a artesanía como parte do patrimonio cultural galego, un cometido co que cumpre a Mostra do Encaixe de Camariñas. Deste xeito, actúa como un verdadeiro escaparate de pezas artesanais únicas, consolidándose como un punto de encontro para todo o sector, difundindo as singularidades do oficio entre os máis novos e impulsando novos usos do encaixe que cada vez teñen maior presenza na moda española e internacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre