Inicio Galicia A Xunta destaca que a formación en economía social orientada ao emprendemento...

A Xunta destaca que a formación en economía social orientada ao emprendemento é unha fórmula de saída ao mercado laboral

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago no I Encontro Universidade Economía Social impulsado polo Centro de Estudos Cooperativos da USC e a Administración autonómica


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago no I Encontro Universidade Economía Social, un foro impulsado polo Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da rede Eusumo, que ten como obxectivo sentar as bases dunha colaboración estable entre a academia e a economía social de Galicia e que nace con vocación de transcendencia cara a sociedade en xeral.

Toca sinalou a importancia deste apoio mutuo para avanzar en novos proxectos de investigación, ao tempo que destacou a importancia da formación en Economía Social, unha cualificación orientada ao emprendemento como fórmula de saída ao mercado laboral.

A secretaria xeral de Emprego salientou, así mesmo, a aposta do Goberno galego pola mellora da competitividade das empresas de economía social e puxo en valor o papel destacado das cooperativas no tecido produtivo de Galicia pola súa contribución para impulsar o emprendemento.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Toca, ademais, deu a coñecer os instrumentos de apoio que ofrece a Administración autonómica aos emprendedores no eido da economía social, entre os que cabe destacar as axudas para poñer en marcha os Laboratorios Cooperativos no rural, dúas liñas novas de apoio coas que se busca impulsar a creación de novas cooperativas ou sociedades laborais e, desta forma, darlle un pulo á economía social, un sector que conta con máis de 7000 entidades e 320.000 persoas e que contribúe a fixar poboación e crear riqueza no rural. Os dous programas de axudas son compatibles e complementarias cos apoios do Aprol Economía Social, Aprol Rural e os de asesoramento da Rede Eusumo.

A Xunta, a través da Axenda 20, destina este ano á economía social un orzamento que supera os 22 millóns de euros: 17 millóns, un 6,4% máis que en 2017, para fortalecelo e mellorar a súa competitividade e 5 millóns de euros a través do fondo de Xesgalicia para a creación de novos proxectos.  


- Te recomendamos -