Inicio Galicia A Xunta destaca que a execución das súas políticas activas de emprego...

A Xunta destaca que a execución das súas políticas activas de emprego permitiu chegar o ano pasado a 75.000 persoas que atoparon emprego

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais onde se avaliou o Plan anual de Políticas de Emprego (PAPE)

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá en Madrid, tras a celebración da Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais, que a execución das políticas activas de emprego na Comunidade, a través do Plan Anual de políticas de emprego (PAPE), permitiu chegar en 2017 a un total de 75.000 persoas que atoparon emprego tras recibir asesoramento e orientación, entre outros servizos, por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.“O resultado é moi positivo porque cumprimos os obxectivos marcados”, asegurou Conde, quen explicou que destes beneficiarios, 21.000 foron mozos e 3600 emprendedores que se deron de alta na Seguridade Social e continúan como autónomos na actualidade.

O conselleiro avanzou que a nova distribución de fondos permitirá a Galicia contar cun total de 164 millóns de euros, o que supón un incremento do 13% (19 millóns de euros máis) para seguir consolidando as políticas activas de emprego centradas en dous obxectivos: atender as demandas do tecido empresarial para dar resposta ás súas necesidades en termos de formación e cualificación dos traballadores e, por outra parte, atender aos colectivos prioritarios que presentan maiores dificultades de inserción como os mozos, as mulleres e os parados de longa duración.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Conde agradeceu ao Goberno central a súa colaboración e que manteña o seu esforzo investidor en Galicia para seguir implementando novas políticas para o fomento do emprego dirixidas a conseguir máis calidade, cualificación e estabilidade no mercado de traballo. 


- Te recomendamos -