Inicio Galicia A Xunta destaca que a dixitalización é o elemento diferencial que permitirá...

A Xunta destaca que a dixitalización é o elemento diferencial que permitirá ao tecido produtivo galego ser máis competitivo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no webinario ‘Re-acciona. Negocios que non paran. A dixitalización como resposta á pandemia’


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, participou hoxe no webinario Re-acciona. Negocios que non paran. A dixitalización como resposta á pandemia, que pecha un primeiro ciclo de encontros convocados dentro do servizo Igape Responde, activado desde o estado de alarma como xanela única para centralizar todos os servizos de apoio e asesoramento da Xunta a disposición de pemes e autónomos no novo contexto económico. Durante a súa intervención, asegurou que a dixitalización é unha necesidade estratéxica para o tecido empresarial galego e un elemento diferencial que lle permitirá ser máis competitivo.

Mar Pereira destacou que o programa Reacciona ofrecerá nesta convocatoria ata 178 servizos para a dixitalización de pemes, facendo fincapé tanto en novas tendencias tecnolóxicas como naquelas máis demandadas polas empresas como a ciberseguridade a xestión en mobilidade ou o marketing de contidos. A directora da Amtega lembrou que estes servizos se dinamizarán, tamén, a través do Centro Demostrador TIC, un instrumento chave para favorecer a dixitalización empresarial.

Este ciclo de webinarios supuxo unha aproximación aos retos aos que se terán que enfrontar as empresas na etapa poscovid-19, así como aos apoios aos que poden acceder. No caso concreto de hoxe, o foco púxose na importancia da dixitalización e do uso da tecnoloxía para xerar un impacto positivo nas empresas e negocios galegos. Tal e como destacou Conde, a dixitalización é unha necesidade estratéxica xa que o futuro pasa por ela.

Por este motivo, o Plan de reactivación económica incorpora medidas que afondan na transformación dixital do tecido empresarial como o Cheque dixital (7M€) que se pode solicitar desde hoxe para a instalación de tecnoloxías dixitais nas empresas que reforcen a conectividade, impulsando o teletraballo e as iniciativas empresariais no rural, entre outras cuestión. As axudas, do 80% do investimento e destinadas a microempresas, entidades de economía social e agrupacións empresariais, concédense en réxime de concorrencia non competitiva e os gastos realizados deberán ser dun mínimo de 1500 euros e un máximo de 12.000.

Unha medida á que se suma o programa Galicia Exporta Dixital (3,5M€), que tamén se abre hoxe para impulsar a chegada a novos mercados e potenciar as vendas online -xa que por primeira vez poden acceder os comercios-, e a convocatoria de apoios para a dixitalización de pemes con ferramentas 4.0 que se abrirá a próxima semana.

O conselleiro rematou explicando que con este conxunto de iniciativas se pretende acompañar ao tecido produtivo galego na reactivación e reinvención de negocios a través da aplicación das novas tecnoloxías. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre