Inicio Galicia A Xunta destaca que a calidade axuda ás empresas galegas a mellorar...

A Xunta destaca que a calidade axuda ás empresas galegas a mellorar a competitividade nun mercado global

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na entrega dos premios a seis empresas galegas líderes en calidade organizada por Expourense con motivo do Día Mundial da Calidade


Por sétimo ano consecutivo e con motivo do Día Mundial da Calidade, baixo o lema ‘Calidade 4.0’ Expourense organizou a entrega dos dos premios “Líderes en calidade”. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de entrega destes galardóns ás empresas distinguidas como líderes en calidade. Mouteira subliñou que a calidade “ten que ser un concepto omnipresente en todo o proceso produtivo xa que achega valor engadido á xestión do negocio, serve para diferenciarnos da competencia e, en definitiva, axudan ás empresas a posicionarse nun mercado global”.

As empresas galardoadas son: -Sector Alimentación: Cafés Lisboa (Ourense).-Sector Sanitario: Unidade de Cardioloxía da Xerencia da Xestión Integrada de Santiago de Compostela do Sergas (A Coruña). -Internacionalización: Grupo Cuevas (Ourense). -Sector Educación: Fundación Paideia (A Coruña).-Medioambiente: Grupo Aludec (Pontevedra).-Servicios sociales: ASPANAES (A Coruña).

A delegada territorial felicitou ás entidades galegas distinguidas este ano como líderes en calidade e confiou que o seu exemplo “animará a outros empresarios a seguir modelos de xestión de calidade e ambiente, dinamizando o tecido empresarial galego”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre