Inicio Galicia A Xunta destaca os bos resultados dos programas de voluntariado xuvenil e...

A Xunta destaca os bos resultados dos programas de voluntariado xuvenil e sénior realizados coa ASCM de Ferrol

0

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á Gala Carro de Prata que cada ano organiza a ASCM de Ferrol con fins benéficos. Alí destacou os bos resultados obtidos nos programas de voluntariado xuvenil e sénior que o Goberno galego leva a cabo con esta entidade e aos que este ano destinou 8.400 euros.

Cristina Pichel lembrou a importancia de que as administracións colaboren para mellorar, desde diferentes ámbitos, a atención e os servizos das persoas que máis o necesitan. Así mesmo, felicitou á asociación pola súa ampla traxectoria e polos seus logros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre