Inicio Galicia A Xunta destaca o valor de eventos como Exporpymes para difundir os...

A Xunta destaca o valor de eventos como Exporpymes para difundir os produtos do mar de Galicia nos mercados internacionais

0


A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, destacou hoxe na Coruña a importancia da participación das empresas galegas do mundo do mar en eventos que teñan como finalidade dar a coñecer os produtos pesqueiros e marisqueiros de Galicia. Neste sentido, puxo como exemplo Exporpymes, un encontro organizado pola Cámara de Comercio da Coruña coa colaboración da Xunta de Galicia e no que participan diferentes empresas do mundo do mar.

Así o sinalou a directora xeral durante a inauguración do evento, onde tamén fixo fincapé en que os encontros de internacionalización deste tipo axudan a difundir os produtos do mar de Galicia nos mercados internacionais. En relación a Exporpymes a directora xeral sinalou que aglutina nun mesmo espazo a empresas exportadoras galegas ou con produto exportable, con entidades importadoras estranxeiras procedentes de diversos países, para que manteñan reunións de negocio que permitirán ás empresas galegas ampliar a súa presenza en mercados internacionais.

Leer más:  Díaz alaba el Encaixe de Camariñas, ejemplo de "cultura" y "trabajo" hecho por mujeres que pone a Galicia "en el mundo"

- Te recomendamos -