Inicio Galicia A Xunta destaca o valor da responsabilidade social corporativa na xestión das...

A Xunta destaca o valor da responsabilidade social corporativa na xestión das confrarías de pescadores

0


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou hoxe a importancia de aplicar a Responsabilidade Social Corporativa na xestión das confrarías de pescadores para impulsar a innovación dos territorios costeiros e a acadar uns mares máis sustentables a nivel social, económico e ambiental. Neste sentido, sinalou que o sector marítimo-pesqueiro galego é artífice deste concepto, xa que a vén practicando desde hai tempo.

Así o expuxo na Federación Galega de Confrarías durante a inauguración da xornada Confrarías de Pescadores: a colaboración e a defensa dos intereses como marcas de identidade. Esta xornada é unha das actividades enmarcadas no convenio asinado entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías e ten como obxectivo afondar no coñecemento das confrarías poñendo en valor a súa capacidade como organizacións sectoriais antes das eleccións para renovar os seus órganos directivos, que se celebrarán o vindeiro 29 de setembro.

Leer más:  Prisión comunicada y sin fianza para el hombre detenido por agresión sexual a una menor en A Laracha (A Coruña)

- Te recomendamos -