Inicio Galicia A Xunta destaca o valor activo das persoas de máis idade no...

A Xunta destaca o valor activo das persoas de máis idade no presente e futuro de Galicia

0

Fabiola García insta a aproveitar a experiencia e os coñecementos dos maiores para avanzar cara á unha sociedade mellor

A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou esta mañá a importancia dos maiores como piar fundamental nas familias e valor activo da Galicia do presente e do futuro. Díxoo na xornada interxeracional que a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) organizou no colexio La Salle con motivo do Día Internacional dos Maiores. Arredor dun centenar de persoas participaron neste encontro, entre escolares de 4º de Primaria e avoas e avós destes.

Fabiola García fixo fincapé no compromiso da Xunta polo benestar e o envellecemento activo das galegas e galegos de máis idade. Tamén instou a non desaproveitar os coñecementos e bagaxe das xeracións máis vellas para avanzar cara á unha sociedade mellor.

A conselleira destacou que actos interxeracionais como o de hoxe serven para que os máis pequenos escoiten a voz dos maiores e para que estes se contaxien da ilusión dos primeiros. Neste sentido, defendeu a necesidade de propiciar máis espazos de encontro e de convivencia entre distintas xeracións.

Os actos desta mañá desenvolvidos no colexio La Salle por Ategal incluíron xogos tradicionais, obradoiros de makers de plastilina condutiva ou papiroflexia electrónica, entre outras actividades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre