Inicio Galicia A Xunta destaca o traballo do sector do xogo na adaptación á...

A Xunta destaca o traballo do sector do xogo na adaptación á covid-19 coa implantación das medidas de prevención

0

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do VII Encontro da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) para a competitividade do sector

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do VII Encontro da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) para a competitividade do sector, onde destacou o traballo do sector do xogo para adaptarse á covid-19 coa implantación de tódalas medidas de prevención e organizativas recollidas no protocolo aprobado pola Xunta para facer fronte á pandemia neste ámbito.

Durante a súa intervención, Alfonso Rueda incidiu en que a implicación do sector para poñer en marcha e cumprir coas medidas esixidas polas autoridades sanitarias contribuíu a que non se teñan detectado abrochos asociados a este ámbito nin infraccións polo seu incumprimento.

Ademais, destacou o diálogo fluído para atender as súas demandas polas consecuencias da paralización da actividade durante o estado de alarma, en especial en axilizar a tramitación electrónica das xestións das empresas.

Por outra parte, en canto á tramitación da futura Lei do Xogo, que permitirá actualizar a anterior norma aprobada en 1985, sinalou que a Xunta traballará para acadar o máximo consenso entre todos os sectores involucrados e tendo en conta tamén as demandas da sociedade. Nesta liña, apelou á responsabilidade de todas as partes nun sector cunha actividade lícita que se atopa moi regulada e, por ende moi vixiada e controlada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre