Lugo, 24 de outubro de 2019.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, transmitiron esta tarde a felicitación da Xunta de Galicia a Cáritas Diocesana de Lugo, que hoxe se converteu na primeira Cáritas a nivel nacional en ter recoñecida a súa acción coa Certificación de Calidade ISO 9001.
Arturo Parrado e Amparo González fixeron fincapé no importante traballo que realiza Cáritas en favor da infancia, as familias e as persoas con menos recursos. Neste sentido, garantiron a continuidade do apoio da Xunta de Galicia a esta entidade, da que destacaron que é un exemplo de loita polos dereitos de todas e todos, e de constancia para construír unha sociedade mellor e de solidariedade.