Inicio Galicia A Xunta destaca o traballo con menores tutelados que realiza a Fundación...

A Xunta destaca o traballo con menores tutelados que realiza a Fundación Juan Soñador

0

Mozas e mozos entre os 12 e os 18 anos participan en obradoiros de educación emocional, de promoción de valores e de hábitos saudables

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, compartiu esta tarde experiencias coas mozas e mozos que participan no programa socioeducativo e de ocio e tempo libre da Fundación Juan Soñador, que conta co apoio da Xunta de Galicia. Esta iniciativa está dirixida a menores con idades entre os 12 e os 18 anos que están baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.

A través deste programa, as rapazas e rapaces asisten a titorías e obradoiros educativos centrados na educación emocional, na promoción de valores e na prevención dos riscos contra a saúde.

Tamén desenvolven actividades de apoio escolar e de ocio e tempo libre, así como de asesoramento e orientación familiar. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre