Inicio Galicia A Xunta destaca o seu compromiso para seguir impulsando O Marisquiño como...

A Xunta destaca o seu compromiso para seguir impulsando O Marisquiño como referente europeo da cultura urbana

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, o secretario xeral para o Deporte e a delegada territorial do Goberno galego en Vigo visitaron hoxe o recinto do festival


Tras o seu percorrido, salientaron que o Goberno galego triplicou este ano a achega económica a este evento ata acadar os 120.000 euros, cumprindo o 100% da solicitude formulada pola organización. Subliñaron, ademais, a proxección social desta cita que se retransmite en directo a máis de medio centenar de países e que conta cun aforo aproximado de 160.000 persoas, das cales aproximadamente o 30% proceden de fóra de Galicia.

O evento reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas así como diferentes eventos culturais como exhibicións de graffiti ou música en directo ao aire libre e de xeito gratuíto. Entre as actividades que contan cun apoio directo da Xunta destaca o torneo de baloncesto 3×3 FIBA Satellite, no que o Xacobeo 21 terá unha importante presencia, e que será clasificatorio para competir no Open Ljubijana Challenger 2019.

Cine con ‘O teu Xacobeo’Ademais, durante os tres días do festival permanecerá instalada na zona do Tinglado do Porto a autocaravana de Festivaliño on the Road, un dos 352 proxectos cofinanciados pola Xunta no marco do proxecto O teu Xacobeo para a posta en marcha de diferentes iniciativas de dinamización en concellos relacionadas co vindeiro Ano Santo.

Grazas a esta iniciativa, máis de 5.000 nenos galegos participaron xa nalgunha das máis de 20 proxeccións de curtas, obradoiros ou actividades pensadas para achegarlle o mundo do audiovisual aos máis cativos. A caravana de Festivaliño on the Road estará en Vigo venres, sábado e domingo en horario de mañá de 11,30 a 14,00 horas e pola tarde de 16,30 a 20,00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre